O Pontevedra adxudícase o Luis Otero ao impoñerse ao Lugo nos penaltis (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
Partido moi disputado pero con poucas ocasións de gol. O Trofeo Luis Otero queda na casa ao impoñerse o Pontevedra ao Lugo nas quendas de penaltis (4-2) despois de que o tempo regulamentario rematase con empate a un gol.
Foi un ensaio interesante. Aínda que sempre é complicado sacar conclusións dun partido de pretempada, os escasos afeccionados congregados en Pasarón saíron satisfeitos do xogo ofrecido polos de Luisito, que arrepor a un rival de categoría superior, suplindo a súa inferioridade técnica con loita e entrega.
A primeira parte enfrontou dous estilos moi diferentes. Mentres o Lugo trataba de ter o balón, os granates eran máis verticais, buscando chegar á área vermella e branca polo camiño máis curto tras recuperar o coiro. Os lucenses adiantáronse practicamente na primeira xogada do partido por medio de Pablo Caballero, pero o Pontevedra non se engurrou e Mouriño empataba pouco antes da media hora.
Os cambios introducidos ao comezo da segunda parte por Luisito non variaron o guión. O Pontevedra seguiu dando a cara fronte a un Lugo que manexaba o balón, pero sen profundidade. As ocasións escasearon en ambas as dúas áreas e chegouse aos penaltis, nos que os locais estiveron máis acertados transformando catro dos seus cinco lanzamentos, mentres Lloves paraba os remates de David Ferreiro e Seoane. Tomás Abelleira, que está a protagonizar unha pretempada moi destacada, sería o encargado de marcar o lanzamento definitivo que deixaba o histórico trofeo nas vitrinas locais.
PONTEVEDRA (1): Edu; Adrián, Bruno, Capi, Verdú; Kevin Presa, Álex Fernández; Miki, Mouriño, Jandrín; e Borjas. Tamén xogaron: Lloves, Pedro García, Jacobo, Tomás, Tubo, Pablo Carnero, Campillo e Pablo.
CD LUGO (1): José Juan; De Coz, Israel Porto, Carlos Pita, Carlos Hernández, David Ferreiro, Pablo Caballero, Manu, David López, Abel Molinero e Ígor Martínez. Tamén xogaron: Seoane, Campillo, Sergio Marcos, Iriome, Dealbert e Dani Pedrosa.
Árbitro: Fernández Rodríguez (Galego), auxiliado nas bandas por Vázquez Martínez e Hernández González. Amoestou a Jacobo e Pablo do Pontevedra.
Goles: (0-1) Minuto 1: Pablo Caballero. (1-1) Minuto 28: Mouriño. Penaltis: Pablo Carnero: falla. David Ferreiro: para Lloves. Kevin Presa: gol. Campillo: gol. Jacobo: gol. Seoane: para Lloves. Pedro García: gol. Sergios Marcos: gol. Tomás: gol.
Incidencias: Estadio Municipal de Pasarón. LVI Trofeo Luis Otero. Uns 600 espectadores.
Relacionadas:
-
Non pode o Villalonga cun Pontevedra moi superior (0-5)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra imponse con autoridade (0-3) ao Portonovo
Por Redacción |
-
Miguel Loureiro convence a Luisito e negocia o seu futuro co Pontevedra
Por Redacción |
-
A estrea ligueira, co árbitro do Mensajero
Por Diego Espiño |
-
Goleada granate en Ourense (0-4)
Por Redacción |
-
As presidentas de Pontevedra CF e Deputación 'fanse a pelota'
Por Diego Espiño |
-
O Lugo, rival do Pontevedra para o Luis Otero
Por Redacción |
-
O Real Valladolid imponse (0-2) a un Pontevedra que deixa boas sensacións
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |