Bruno, descartado para a volta ante o Mensajero ao sufrir unha lesión muscular
Por Diego Espiño
A falta de poder realizar unha ecografía á súa chegada a Pontevedra, confírmanse os peores prognósticos na lesión de Bruno Rivada, que lle obrigou a pedir o cambio á media hora de xogo no Estadio Silvestre Carrillo.
O defensa granate notou dor na súa perna dereita e mesmo chegou a comentarlle ao colexiado con voz elevada que sufrira unha pedrada por parte da bancada. Tratábase non obstante do sinal dunha lesión muscular que lle deixará fóra do partido de volta en Pasarón.
Bruno foi sometido este luns a unha primeira exploración, aínda en Canarias, da man do fisioterapeuta do club, Manu Barros, e todo apunta a que sofre unha rotura fibrilar no recto anterior do cuádriceps, o que supoñería unha baixa de polo menos tres semanas.
O futbolista únese así a Benja no capítulo de ausencias de cara ao transcendental choque do próximo domingo en Pasarón (18:00 horas).
O resto de equipo desprazado a Canarias adestrou este luns nunha suave sesión de recuperación que se celebrou nas instalacións do Tenisca, un campo de herba natural, antes de emprendar a viaxe de regreso a Pontevedra.
O equipo, unha vez dixerido o resultado de 1-0 da ida, exercitouse en medio dun ambiente optimista, convencidos tanto xogadores coma corpo técnico de que é posible a remontada co apoio incondicional da bancada de Pasarón.
Relacionadas:
-
Pedro García: "En el verde pondremos todo, pero el primer gol que lo meta nuestra afición"
Por Diego Espiño |
-
Continúa a bo ritmo a venda de entradas para o partido ante o Mensajero
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e Deputación asinan o convenio de patrocinio para o presente ano
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra presenta os prezos para o partido ante o Mensajero esperando "que la ciudad responda"
Por Diego Espiño |
-
Toca remontar en Pasarón: O Pontevedra cae (1-0) ante o Mensajero ao ignorar o árbitro un claro penalti sobre Jorge
Por Ramiro Espiño | Creada e actualizada