Madrugón do Pontevedra para emprender viaxe a La Palma
Por Ramiro Espiño
Se se cumpre o dito que "ao que madruga Deus lle axuda", o Pontevedra ten garantido o éxito no partido de "ida" da eliminatoria de campións que lle enfrontará ao Mensaxeiro (domingo, 13:00 horas) no Silvestre Carrillo. Os granates tiveron que deixar pronto as sabas este sábado, xa que a saída da expedición se realizou ás 5:00 horas dende o estadio de Pasarón, con dirección ao aeroporto de Vigo.
O equipo fará unha longa escala en Madrid, de onde partirán facía Santa Cruz de La Palma ás 12:25 horas, tendo prevista a chegada á illa arredor das 14:25 (hora insular).
Tras realizar o xantar en ruta e un breve descanso, Luisito levarase aos seus homes ata a Silvestre Carrillo, onde ademais de tomar contacto co escenario do choque, realizarán unha última sesión de adestramento antes do partido, ás 19:00 horas.
O técnico facilitou a lista de xogadores convocados para este partido. Quedan fóra Benja, por lesión, ademais de Jacobo, Centrón, Pablo e Rubén Lobato, por decisión técnica. Deste modo os 16 homes que intentarán obter un resultado favorable para encarar con garantías o partido de volta e achegarse ao ascenso son: Edu, Lloves, Adrián, Bruno, Capi, Campillo, Pedro García, Kevin Presa, Tomás, Fran Fandiño, Álvaro Muñiz, Tubo, Mouriño, Anxo, Pablo Carnero e Jorge.
Relacionadas:
-
Toca remontar en Pasarón: O Pontevedra cae (1-0) ante o Mensajero ao ignorar o árbitro un claro penalti sobre Jorge
Por Ramiro Espiño | Creada e actualizada
-
La Palma, escenario do primeiro asalto polo ascenso
Por Ramiro Espiño |
-
José Emilio e Churruca contan como viviron o Mensajero-Pontevedra de 1984
Por Ramiro Espiño |
-
Enfermaría case baleira para afrontar o play-off de ascenso
Por Diego Espiño |
-
A "outra" historia dun Mensajero-Pontevedra, case 31 anos despois
Por Ramiro Espiño |
-
As dúas caras do Mensajero, un rival forte no seu estadio e vulnerable a domicilio
Por Diego Espiño |