A Gimnástica, salvo contratempo, acudirá á fase final da Copa do Rei
Por Diego Espiño
A participación da Sociedad Gimnástica na final da Copa do Rei de atletismo que se disputa en Valencia a finais de xaneiro está máis preto de consumarse depués das dúbidas expresadas pola xunta directiva da entidade ante o elevado custo económico da viaxe.
Unha chamada do concellerio de Deportes, Agustín Fernández, facilitou o camiño comprometendo 2.000 euros para que o veterano equipo pontevedrés poida acudir á prestixiosa competición que reúne aos oito mellores equipos de España. Agora, a Gimnástica negocia con Deputación e varias empresas privadas completar o orzamento para o desprazamento, como recoñece o técnico do club Juan Romero, "calculamos que se necesitan entre 4.000 y 5.000 euros. Aunque tengamos que comer bocadillos y poniendo algo nosotros iremos, pero no queremos hipotecar la temporada y el futuro del club".
A Sociedad Gimnástica competirá, salvo sorpresa, por segundo ano consecutivo na Copa do Rei logo de clasificarse a pasada tempada como o sexto mellor equipo do país segundo o estadillo de marcas que elabora a Federación Española de Atletismo.