Dous puntos con sabor a play-off para o Cisne ao impoñerse con autoridade (24-35) ao OAR Coruña
Por Redacción
Era, posiblemente, o desprazamento máis complicado que lle quedaba ao Cisne, xunto coa visita ao Seis do Nadal, nas xornadas que restan para finalizar a liga regular, e o resolveron os pontevedreses cunha vitoria incontestable sobre un OAR Coruña que foi incapaz de parar o vendaval de xogo dos de Edín Covelo, que se anotan así dous puntos con sabor a play-off, xa que o deixan con seis de vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores, cando tan só quedan dez puntos en xogo.
Abondaron os dez primeiros minutos de partido para deixar clara a superioridade do Cisne sobre o seu rival. O parcial de saída (1-7) era fiel reflexo do mellor xogo visitante amparado nunha nova e excelente actuación de Pablo Galán baixo paus xunto cun Álex Chan que, se en ataque foi demoledor, en defensa realizou un completo partido.
O Cisne tomou o resto do primeiro tempo cun pouco máis de calma, para volver apertar o acelerador na segunda parte, ampliando a súa renda ata que a falta de dez minutos decidiu volver baixar o ritmo, o que aproveitou o cadro local para minimizar danos lixeiramente.
OAR CORUÿA (24): Ignacio Santos, Roberto Casero; Miguel Lozano (5), Víctor Couceiro (5), Daniel Angeriz (1), Hugo Rodríguez (7), Fabián Canosa (1), Sergio Sarasola, Ignacio Suárez (1), Diego Martínez (3), Daniel Picado (1), Yoel Garcia e Kevin Dacosta.
BM CISNE (35): Pablo Galán, Santi Cuenca; Iván Abilleira, Bruno Montesinos (1), Edu Covelo (6), Ález Chan (9), Pablo Picallo (1), Andrés Sánchez (7), Rafa Dasilva (5), Miguel Simón (1), Javi Vázquez (4) e Pablo Vidal (1).
Árbitros: Mauro Antonio Montero Suárez e Ignacio Rubio Díaz (Madrid). Excluíron por dous minutos a Fabián Canosa, Diego Martínez e Yoel García, polo equipo local, e a Iván Abilleira, Álex Chan e Miguel Simón, polo Cisne.
Marcador (cada cinco minutos): 1-3, 1-7, 5-10, 7-12 10-14, 13-.18 (descanso), 13-20, 15-24, 17-28, 18-31, 20-33 e 24-35 (final).
Incidencias: Polideportivo San Francisco Javier (A Coruña).