Campillo, listo para reaparecer ante o Cultural Areas
Por Diego Espiño
A volta aos adestramentos para o Pontevedra tras a xornada do descanso do martes deixou unha grata noticia para Luisito, a recuperación de Campillo.
O defensa, que xa se incorporara o luns ao grupo pero a menor ritmo, completou sen problema a sesión deste mércores e estará dispoñible para o duelo do próximo domingo ante o Cultural Areas.
Campillo poderá volver ao equipo tras perderse os dous últimos encontros por problemas musculares.
O seu retorno coincide ademais coa sanción por acumulación de amoestacións de Adrián Gómez, polo que a súa presenza no equipo pode facerse necesaria pola escaseza de efectivos na zona defensiva.
Aproveitando a súa sanción, Adrián traballa estes días a menor ritmo para intentar superar unha lixeira sobrecarga muscular que lle molesta dende hai varias semanas, uníndose ao traballo de recuperación de Capi e Pedro García, que continúan á marxe e son baixas seguras polo menos unha semana máis.
Relacionadas:
-
Cómoda vitoria do Pontevedra (3-0) fronte un Cultural Areas sen mordente
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra a manter a distancia cos seus perseguidores ante un necesitado Cultural Areas
Por Ramiro Espiño |
-
Edu Sousa, un seguro dende os once metros
Por Diego Espiño |
-
Anxo crea, Jorge resolve e Edu salva a vitoria do Pontevedra na súa visita ao Silva (1-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |