Edu Sousa, un seguro dende os once metros
Por Diego Espiño
Boa parte dos tres puntos que o Pontevedra logrou o domingo na Coruña radicaron no penalti que detivo o seu gardameta Edu Sousa aos 16 minutos de partido, con empate a cero no marcador.
Edu adiviñou a intención de Kata para manter a igualada e non dar ás a un Silva que a punto estivo de rabuñar un punto ante o líder.
Non é a primeira vez esta tempotada que o arqueiro granate se mostra acertado dende os once metros, e é que se está a converter nun verdadeiro especialista nesta materia.
Dos catro lanzamentos de penalti con Edu na portaría, o porteiro do Pontevedra detivo tres deles, un 75% de acerto.
Só Remeseiro, dianteiro do Deportivo B, logrou bater a Sousa nesta sorte na derrota por 2-1 dos granates en Abegondo tras un penalti por man de Campillo case no último minuto de partido.
Os outros dous lanzamentos de penalti producíronse no mesmo partido, o empate a un tanto ante o Rápido de Bouzas en Pasarón, na xornada 16. Aquel día Edu detivo dúas penas máximas, nos minutos 53 e 62, permitindo aos granates sumar polo menos un punto.
O gardameta é ademais o zamora do Grupo I da Terceira División, tras encaixar 14 goles en 22 partidos. Comezou a liga como titular, pero Lloves substituíuno na quinta xornada ata que a chegada de Luisito (xornada 10 ante o Boiro) lle devolveu o seu lugar baixo paus.
En canto á estatística dende os once metros, os colexiados sinalaron dous penaltis a favor do Pontevedra no que vai de tempada, na xornada 1 ante o ÿrdenes e na 24 ante o Ribadumia. Ambos os dous remataron en gol trasnformados por Jorge e Mouriño respectivamente.
Relacionadas:
-
O Pontevedra a manter a distancia cos seus perseguidores ante un necesitado Cultural Areas
Por Ramiro Espiño |
-
Campillo, listo para reaparecer ante o Cultural Areas
Por Diego Espiño |
-
Anxo crea, Jorge resolve e Edu salva a vitoria do Pontevedra na súa visita ao Silva (1-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |