Repetir a medalla de prata de 2014, difícil obxectivo para a Gimnástica no Nacional de Campo a Través
Por Redacción
O equipo de cross curto da Gimnástica afronta este domingo, 1 de marzo, en Cáceres o Campionato de España de Campo a Través por Clubs.
A entidade pontevedresa intentará repetir a histórica medalla de prata lograda hai un ano en Oropesa del Mar, aínda que a tarefa non será sinxela.
A Gimnástica despraza a terras estremeñas seis atletas, pero só tres repiten con respecto ao pasado ano.
Un deles é David Martínez, terceiro en liña de meta hai un ano. Tamén estará Iván Docampo, que puntuou entrando no posto 40, e Sergio García, aos que se unen Víctor García, Francisco Javier Iglesias e Emilio Martín.
Entre as ausencias importantes con respecto a 2014 encóntranse Víctor Riobó (décimotercero en Oropesa) e Robertas Geralavicius (décimosexto), ademais de Pablo Díaz.
Relacionadas:
-
Undécimo posto para os rapaces da Gimnástica no Nacional de Campo a Través
Por Redacción |
-
Alberto Salcedo repite medalla de ouro no Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
Botín de 16 medallas para os atletas da Gimnástica no Galego Xuvenil e Júnior en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
Alberto Guerrero logra a medalla de prata no campionato de España Promesa de pista cuberta
Por Redacción |