Histórica medalla de prata para a Gimnástica no Nacional de Cross Curto
Por Redacción
O equipo de cross curto da Sociedad Gimnástica logrou a súa primeira medalla da historia en categoría absoluta nesta disciplina no Campionato de España de Clubs Campo a Través celebrado en Oropesa del Mar.
Víctor Riobó, Iván Docampo, Robertas Geralavicius, David Martínez, Pablo Díaz e Sergio García fixeron historia finalizando no segundo lugar de entre os 52 conxuntos participantes.
O mellor dos pontevedreses foi David Martínez, terceiro na liña de meta, mentres o resto de compañeiros que puntuaron foron Riobó (13), Geralavicius (16) e Iván Docampo (40).
A Gimnástica só se viu superado, e por unha estreita marxe de dous puntos, polo Fútbol Club Barcelona, mentres o Marathon de Madrid completou o podio.
Para o director técnico do club, Pablo Díaz, trátase dun excelente resultado pero cre que "fue una gran oportunidad para llevarnos el oro. No se sabe si volveremos a tener otra oportunidad como ésta, aunque da una alegría ser segundo que no te imaginas".
VÍCTOR GALLEGO, BRONCE EN DISCO
O fin de semana completouse para a entidade lerezana coa medalla de bronce lograda por Víctor Gallego no Campionato de España de lanzamentos longos, disputado en León.
Gallego finalizou terceiro en disco cunha marca de 51,69 metros nunha proba dominada por Frank Casañas.