Lúa Piñeiro inicia a súa xira internacional cunha medalla de prata en Alexandría
Por Redacción
Boa actuación de Lúa Piñeiro (Natural Sport) na primeira das citas internacionais que afrontará o próximo mes, o Open de Alexandría de taekwondo, torneo de categoría G-1 puntuable para o ranking mundial.
A deportistas caldense logrou en Exipto unha medalla de prata na categoría de -67 quilos despois de protagonizar un notable torneo.
Na semifinal Lúa superou con claridade á holandesa Joyce Van Baaren (6-0) e só cedeu no punto de ouro dunha emocionante final ante a campioa do Mundo, a francesa Haby Niare.
A próxima fin de semana a taekwondista galega afrontará o Open de Luxor (Exipto) de categoría G-2, no que tamén estará o pontevedrés Xián Silva (Mace Sport), para competir posteriormente en Suíza e Holanda.
Nun só mes a caldense xógase uns importantes puntos no ranking mundial que poden achegala ao seu principal obxectivo, os Xogos Olímpicos de Río 2016.
Relacionadas:
-
Ampla representación pontevedresa no Open de Holanda de taekwondo
Por Redacción |
-
Medalla de bronce para Lúa Piñeiro no Open de Suiza
Por Redacción |
-
Katya Calvar e Lúa Piñeiro acoden ao Open de Suiza
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro, Katya Calvar e Xián Silva, medallistas no Campionato de España Sénior de taekwondo
Por Redacción |
-
Mace Sport, Taekanart e Mat's, protagonistas nos campionatos galegos cadete e sub-21 de taekwondo
Por Redacción |