Mace Sport, Taekanart e Mat's, protagonistas nos campionatos galegos cadete e sub-21 de taekwondo
Por Redacción
Moaña acolleu a pasada fin de semana os campionatos galegos cadete e sub-21 de taekwondo, con resultados positivos para os deportistas do Mace Sport e Taekanart de Pontevedra e o Mat's de Marín.
Por equipos Mat's e Mace Sport foron o segundo e terceiro mellor equipo respectivamente en idade sub-21 por detrás Natural Sport Ribeira, mentres o Taekanart foi terceiro en categoría cadete tras o Patiño-Moaña e o Suh Sport.
A nivel individual en idade sub-21 Xián Silva logrou ouro para o Mace Sport no seu peso. Ademais Sara Cortegoso, Uxía Ogea e Carlos Rubén Simón foron prata e ÿscar Peón e Jessica Blanco bronce. En cadetes os medallistas do Mace foron Uniai Silva (ouro) e Isabel Garriga (bronce).
Por parte do Mat's subiron ao primeiro caixón do podio Luis Reiriz e Pablo Fernández, Mariña Estévez foi segunda e Libia Estévez, Iván García, Ángel Portabales e Rubén Troitiño foron terceiros en sub-21. No autonómico cadete Noh Pereira e Arlet Ortiz colgáronse o ouro, Katia García a prata e Yaiza Iglesias o bronce.
Por último o Taekanart destacou en idade cadete cos oros de Xián Rodríguez, Iván Rodríguez e David Rodríguez e as pratas de Brian Franco e Oihana Gallego.
Relacionadas:
-
Xián Silva revalida o seu título de campión de España sub-21 de taekwondo
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro inicia a súa xira internacional cunha medalla de prata en Alexandría
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro, Katya Calvar e Xián Silva, medallistas no Campionato de España Sénior de taekwondo
Por Redacción |
-
Os taekwondistas pontevedreses afrontan en Cartaxena o Campionato de España Sénior de combate
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro, Javier González e Sara Cortegoso, medallistas no Open de Grecia de taekwondo
Por Redacción |