Importante triunfo do equipo feminino do Voleibol Pontevedra na Coruña
Por Redacción
O conxunto sénior feminino do Club Voleibol Pontevedra non afrouxa o ritmo nunha tempada na que se propuxo pelexar polos primeiros postos da clasificación.
As pontevedresas impuxéronse con claridade a domicilio a Calasancias Coruña para consolidar a súa segunda praza na fase autonómica da Segunda División.
Nun inicio moi igualado o CVP aproveitou os seus bos momentos en ataque e co saque para levarse o primeiro set por 25-27.
O segundo parcial foi para as locais (25-22) pero a partir de aí o dominio das lerezanas foi claro para pechar o choque cun 19-25 e un 18-25.
A próxima xornada o equipo feminino do CVP afrontará unha xornada de descanso, mentres os rapaces volverán á competición recibindo o líder, o Noia.