Non falla o Cisne e imponse con autoridade (37-21) ao Granitos Ibéricos
Por Ramiro Espiño
Tardou 15 minutos en meterse o Cisne no partido, quizais confiado na debilidade do rival e cometendo erros pouco habituais en ataque. O xusto para que Edín Covelo pedise un tempo morto con 3-4 no marcador, apenas superado o minuto 10, e fixese reaccionar os seus. Á saída dese tempo morto un parcial de 3-0 para os pontevedreses demostrou que as contemplacións se remataran e o Cisne tomaría unha vantaxe que foi agrandando a medida que transcorrían os minutos.
Os visitantes arriscaron, cun xogo rápido e saques de centro tras recibir gol en contra, intentando sorprender á defensa local, pero o desgaste pasoulle factura, na mesma medida que o cambio de sistema defensivo, pasando a un 5-1 moi aberto que facilitou o labor dos lanzadores locais e as combinacións coa segunda liña.
Ao chegar ao descanso o partido quedaba practicamente resolto, e a segunda parte foi un trámite para o Cisne que seguiu machucando o seu rival ata pechar un marcador que reflicte claramente a diferenza existente entre ambos os dous equipos, á par que o mantén comodamente asentado no liderado.
BM CISNE (37): Pablo Galán, Toño Lafuente, Santiago Cuenca; Iván Abilleira (1), Pepe Camiña (2), Álex Chan (5), Edu Covelo, Rafa Dasilva (1), Bruno Montesinos, Pablo Picallo (4), Pablo Rey (4), Carlos Rodríguez (4), Andrés Sánchez (7), Miguel Simón (1) e Javi Vázquez (8).
GRANITOS IBÿRICOS (21): Pedro Ramírez, Jorge Ramírez; David Álvarez, Juan Araújo (1), Jorge Castro, Jacobo Coello, Pablo Correa (4), Ismael Lago, Hugo López (1), Diego Mouriño, Pablo Pérez, ÿscar Pombal, Joaquín Rodríguez (4), Daniel Román (10) e Héctor Soage (1).
Árbitros: José Domingo Vega Gemio e Arturo Gutiérrez Salguero (Extremadura). Excluíron por dous minutos a Rafa Dasilva, Pablo Rey e Carlos Rodríguez, polo Cisne, e a Ismael Lago, ÿscar Pombal e Joaquín Rodríguez, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 2-1, 4-4, 7-5, 10-6, 13-8, 17-10 (descanso), 21-11, 23-11, 28-13, 31-17, 32-19 e 37-21 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Uns 60 espectadores.
Relacionadas:
-
Xogando a medio gas o Cisne supera claramente (39-29) ao Lavadores
Por Ramiro Espiño |
-
Golpe de autoridade dun Cisne, cada vez máis líder, que vence (22-25) á SAR en Redondela
Por Redacción |
-
Reacciona a tempo o Cisne para gañar (28-30) na Cañiza
Por Redacción |
-
Demasiado Cisne para un frouxo Bueu Atlético (35-18)
Por Ramiro Espiño |