O Marcón gaña na Illa (0-1) e distánciase dos postos de descenso
Por Redacción
Terceiro triunfo consecutivo dun Marcón Atlético en estado de graza que suma xa catro xornadas sen perder para distanciarse da zona de descenso.
Nun partido duro e igualado ante o Céltiga, os pontevedreses souberon sufrir para levarse os tres puntos da Illa grazas a un gol de Valiñas no minuto 83, aproveitando un rexeite tras un lanzamento de falta.
Antes os locais protestaran por varias decisións arbitrais, como un posible gol pantasma á media hora de Rober que o colexiado non considerou como tal.
Os tres puntos fan que os de Carlés ascendan á décimo cuarta posición con 26 puntos, con 8 de vantaxe sobre o descenso.
CÿLTIGA FC (0): Marcos Bermúdez, Jameiro, Santiago, Carlos, Marcos Castro (Rubén, min.81), Alberto (Yago, min.69), Rober, Calo, Vidal, Marcos García, Saúl.
MARCÿN AT (1): Vladi, Marcos, Álvaro (Valiñas, min.77), Pablo, Gelillo (Diego, min.84), Iván, Daniel (Steve, min.68), Manu, Héctor, Martín (Sapi, min.60), Baptiste.
Árbitro: Rama Cotelo. Amoestou aos locais Rober, Janeiro, Marcos Bermúdez, Vidal e ao adestrador Ramiro Sorbet e aos visitantes Marcós e Iván. Expulsou por dobre amarelo a Marcos García (min.61) no Céltiga e a Manu (min.58) no Marcón.
Gol: 0-1 Valiñas (min.83).
Incidencias: Partido disputado no Salvador Otero da Illa.