O Arxil resolve pola vía rápida en Oviedo (42-73)
Por Redacción
Contundente triunfo do Arxil a domicilio ante o Universidad de Oviedo (42-73) nun partido dominado desde o inicio polo conxunto verde.
As de Mayte Méndez sacaron a apisoadora para resolver pola vía rápida cunha gran defensa e acerto en ataque nos dous primeiros cuartos.
O Arxil xa gañaba 9-20 ao final do primeiro cuarto, unha renda que ampliou no descanso (23-42) para despois manexar a renda na segunda metade sen pasar apuros para asegurarse a vitoria.
Este resultado serve ás pontevedresas para manterse na terceira praza pero reducindo a un triunfo a súa distancia coa primeira praza trala derrota do líder, o Ensino, ante o Cortegada.
UNIVERSIDAD OVIEDO (42): Orselli (11), Sheila (2), Marina Vilella (4), Andrea (7), Tamara (4) -cinco inicial- Carolina (12), Nora (2), Hilda.
CB ARXIL (73): Diarrá (16), Ana Martín (15), Carla (2), Lewis (15), María Lago -cinco inicial- María González, Cristina (2), Sandra (6), Pilar (17).
Árbitros: Cubero Rodríguez e González Fernández. Sen eliminadas.
Parciais: 9-20, 14-22, 10-12, 9-19.
Incidencias: Partido disputado no Polideportivo Universitario de Oviedo.