Sorteado o cadro da Copa Deputación de fútbol cun Atlético Cuntis-Pontevedra como choque destacado
Por Redacción
Os clubs de Terceira División, Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Rexional da bisbarra xa coñecen os emparellamentos da Copa Deputación de Fútbol, sorteada este luns no Pazo Provincial.
O choque entre Atlético Cuntis e Pontevedra preséntase como o máis destacado. O Pontecaldelas-Ribadumia, Campañó-Alondras, Cruceiro-Arosa e Cerponzóns-Xuventú Sanxenxo completan os cruzamentos con equipos de Terceira División.
O resto de partidos de primeira rolda son: Mosteiro-Romai, Xil-Cambados, Unión Grove-Portas, Campo Lameiro-Atlético Estación, Ciudad de Pontevedra-Noalla, Beluso-EF Barro, Umia-Marcón, Barro CF-SP Portonovo, Vilaboa-Caldas, Deiro-San Miguel, Amanecer-Marín, Arcade-Céltiga, CD Soutomaior-Bamio, Moaña-San Andrés, Figueirido-Salcedo, Bueu-Unión Sampaio, Puente Arnelas-Cesantes, Santomé-Villalonga, Unión Dena-San Adrián, Monteporreiro-San Martín e Beiramar-Zacande.
Ademais Portonovo, Catoira, Moraña, Rápido Bahía, Faxilde e EF Soutomaior esperan rival procedente das fases previas de Deza e Pontevedra, estando a segunda composta polos partidos Libertad-Chispa, Vilagarcía-A Lama, Poio-Cotobade e Presqueiras-Caroi.
A primeira rolda disputarase o día 19 de febreiro nun cadro que avanzará ata a final do próximo 8 de xuño.
Relacionadas:
-
O Atlético Cuntis pinta a cara ao Pontevedra (2-2) apeándoo da Copa Deputación nos penaltis
Por Ramiro Espiño |
-
Capi sofre un retroceso na súa recuperación mentres Campillo mellora e podería estar listo para o domingo
Por Ramiro Espiño |
-
A Copa Deputación, tamén para o fútbol feminino e a base
Por Redacción |
-
O Portonovo lévase a Copa Deputación tras golear na final ao Valladares (1-5)
Por Redacción |