Sofre pero gaña o Cisne ao Luceros (27-31) da man dun grande Andrés Sánchez
Por Redacción
Primeira parte de igualdade absoluta, con curtas vantaxes para un e outro equipo, nun partido no que os ataques se impuxeron ás defensas, e no que as exclusións lastraron o xogo dos de Edín Covelo, que sufriron para alzarse cunha xusta pero apertada vitoria que se fraguou nos últimos quince minutos de partido, especialmente grazas ao acerto de Andrés Sánchez nos momentos claves.
Os de Cangas fixeron traballar do lindo a un Cisne que coñecía o tropezo do Chapela, o que facía dobremente importante a vitoria para abrir brecha e manter o liderado. Conseguiuno con traballo, pero tamén demostrando que o seu banco é moi superior á maior parte de equipos da categoría.
Os comezos da segunda parte parecían encarrilar o partido do lado visitante, alcanzando unha vantaxe de 4 goles (15-19), nos primeiros cinco minutos, pero o Luceiros reaccionou ben, aproveitando as exclusións de Álex Chan e Rafa Dasilva para chegar igualados (24-24) ao ecuador deste período final.
Aí xorde Andrés Sánchez con catro goles consecutivos para adiantar de novo os seus e entrar nos últimos dez minutos cunha renda de tres que os cisneistas souberon administrar ata o final.
LUCEROS (27): Salazar, Anxo Dopazo; Abal, Barreiro, Camiña (4), Pablo Castro (3), Joel (3), Daniel García, Daniel Gómez (4), Menduiña (2), Daniel Sierra, Soage (4) e Miguel Trigo (7).
BM CISNE (31): Pablo Galán, Toño Lafuente, Santiago Cuenca; Iván Abilleira, Pepe Camiña (2), Álex Chan (6), Edu Covelo (2), Rafa Dasilva (3), Pablo Picallo, Pablo Rey, Carlos Rodríguez (2), Andrés Sánchez (10), Javi Vázquez (6) e Pablo Vidal.
Árbitros: Fernando Iñán Arias e José Manuel García Olavarrieta (Cantabria). Excluíron por dous minutos a Soage, polos locais, e a Iván Abilleira (3, descualificado a falta de 5' 39"), Álex Chan, Edu Covelo e Rafa Dasilva, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 0-1, 1-3, 5-4, 9-9, 12-13, 14-15 (descanso), 15-19, 19-22, 23-24, 25-27, 26-30 e 27-31 (final)
Incidencias: Pavillón Municipal do Gatañal (Cangas do Morrazo). Uns 130 espectadores.
Relacionadas:
-
Reacciona a tempo o Cisne para gañar (28-30) na Cañiza
Por Redacción |
-
Demasiado Cisne para un frouxo Bueu Atlético (35-18)
Por Ramiro Espiño |
-
Vitoria do Cisne ante o Academia Octavio no Memorial Manuel Luaces
Por Redacción |
-
O Cisne despide o ano do seu 50 aniversario cunha emotiva cea 'en familia'
Por Redacción |
-
A defensa fai líder en solitario a un gran Cisne (28-23) ao impoñerse ao Seis do Nadal
Por Ramiro Espiño |