Ao Marcón escápanlle dous merecidos puntos ante o Valladares (3-3)
Por Redacción
O bo inicio de ano do Marcón non resultou redondo, despois de que o Valladares lograse empatar no tramo final un partido que se puxera de cara para os pontevedreses (3-3).
O Marcón non se deixou levar pola súa situación na táboa e comezou moito máis intenso que o seu rival o encontro. Grazas a iso adiantouse no marcador por medio de Martín ao rematar con acerto unha falta lateral.
Os locais non mostraban melloría, pero nunha xogada illada ÿscar facía a igualada.
Non obstante os de Carlés continuaron ao seu e Baptiste xusto antes do descanso e e Martín un minuto despois da reanudación poñían un merecido e esperanzador 1-3.
Foi o momento no que reaccionou o Valladares, que cun gol de Luis e outro de Gonzalo puxo as táboas definitivas no marcador.
Este empate deixa os pontevedreses na décimo sétima praza con 17 puntos.
CD VALLADARES (3): Denis, Cristian, Xesús, Breixo, Bruno (Ferreira, min.46), ÿscar, Gonzalo, Luis Castro, Marcos Pérez, Ramilo (José Antonio, min.46), Carlos (Tomás, min.46).
MARCÿN ATLÿTICO (3): Vladi, Marcos (Valiñas, min.89), Pablo, Arturo (Adri, min.78), Iván, Santiago (Álvaro, min.86), Manuel Calvo, Gelillo (Sapi, min.71), Héctor, Martín, Baptiste.
Árbitro: Cinza Seoane. Amoestou a Marcos Pérez, José Antonio e Tomás e aos visitantes Baptiste, Manuel, Sapi e Álvaro.
Goles: 0-1 Martín (min.18); 1-1 ÿscar (min.39); 1-2 Baptiste (min.44); 1-3 Martín (min.46); 2-3 Luis Castro (min.58); 3-3 Gonzalo, min.65.
Incidencias: Partido disputado no campo da Gándara.