O Pontevedra B leva o duelo de necesitados derrotando (0-1) ao Marcón no Carrasco
Por Redacción
Partido de necesitados e vitoria para aquel que máis urxencia tiña. O Pontevedra B suma o seu segundo triunfo ligueiro e con el a posibilidade de abandonar o farol vermello a costa dun Marcón ao que se lle segue negando o gol e que se mete en serios apuros, vendo como se achega perigosamente aos postos de descenso.
Os locais estreláronse contra un rival defensivamente ben posicionado, contra a boa actuación dos porteiros granates, Jose, primeiro, e Álex cando debeu substituír ao titular, e especialmente contra a madeira da portaría rival, á que mandaron ata tres balóns.
O equipo adestrado por Milo Abelleira soubo aproveitar unha das poucas oportunidades creadas ao pouco de comezar a segunda metade e logo defendeuse ata o final para rematar levándose os tres puntos.
O dominio correspondeu case por completo ao Marcón Atlético, pero a súa falta de acerto impediulle materializar as numerosas ocasións creadas. Baptiste, no minuto 20, tivo a primeira, pero o seu remate marchou fóra por pouco. Oito minutos despois, Martín manda o balón ao longueiro cando José xa estaba batido. No 35 sería Sapi quen se queda só ante o meta granate, pero non acerta a superalo na súa saída e manda o balón ao corpo do porteiro.
Unha perda dun balón no medio campo, nos primeiros minutos do segundo tempo, permiten a rápida contra granate, culminada por Nacho no único gol do partido.
Logo Zalo remata ao poste e para rematar sería Héctor o que estrelara no longueiro un novo remate (minuto 75) rematando coas esperanzas locais nun partido vital para os dous conxuntos.
MARCÿN ATLÿTICO (0): Vladi; Racha, Bolo, Valiñas (Gelillo, min. 56), Héctor, Yago (Rodri, min. 85), Arturo, Iván, Baptiste, Sapi (Zalo, min. 56) e Martín.
PONTEVEDRA B (1): José (Álex, min. 70); Otero, Iago, Adán, Brais, Hugo, Filgueira (Vilela, min. 87), Piñeiro (Marou, min. 65), Andrés (Fon, min. 79), Nacho (Milkias, min. 71) e Agus.
Árbitro: Secundino Soto Pérez (Santiago), auxiliado nas bandas por Diego Otero Varela e Marcelino García Lázara. Amoestou a Racha, Héctor, Yago, Arturo, Iván e Baptiste, polo Marcón e a José, Brais, Hugo, Piñeiro e Andrés, polo Pontevedra B.
Goles: (0-1) Minuto 51: Nacho.
Incidencias: Campo do Carrasco (Marcón). Uns 250 afeccionados.
Relacionadas:
-
Respira o Marcón Atlético ao gañar (2-0) a un rival directo como o Pontellas
Por Redacción |
-
Ao Marcón escápanlle dous merecidos puntos ante o Valladares (3-3)
Por Redacción |
-
Un gol de Diego no desconto permite respirar ao Pontevedra B (2-1) fronte ao Erizana
Por Redacción |
-
O Estradense remonta con dous goles en dous minutos (1-2) e afunde aínda máis ao Pontevedra B
Por Redacción |
-
Derrota do Marcón en Nogueira de Ramuín (2-0) ante un rival directo pola permanencia
Por Redacción |