O Teucro, a evitar o exceso de confianza na visita do Amenabar Zarautz
Por Diego Espiño
O Teucro mírase no espello da Copa do Rei ante a visita do Amenabar Zarautz ao Municipal (sábado 20:00 horas), rival ao que xa gañou con autoridade no torneo do K.O..
Os azuis queren evitar o exceso de confianza ante o penúltimo clasificado da División de Honor Prata e, tal e como sinala o seu técnico, a superioridade que reflicte a táboa "hay que demostrarla en la pista".
Quique Domínguez non se fía dun rival que "si tiene el día pone en aprietos a cualquiera" como demostrou, explicou Domínguez, cun empate ante o Alcobendas e un triunfo ante o Bidasoa.
O obxectivo teucrista, líder destacado da competición, pasa por manter a súa condición de invicto polo menos ata o parón de Nadal, para o que faltan só dúas xornadas.
Para conseguilo, polo menos neste primeiro envite, o adestrador azul non poderá contar con Marcos Dorado, que descansará por causa dunha fisura no tabique nasal, aínda que se espera que reapareza no último compromiso do ano ante o Barcelona B.
Desde o plantel azul manteñen os pés no chan asegurando, como traslada David Chapela, que "en algún momento llegará la derrota, pero cuanto más tarde mejor".
Coincidindo co encontro o Teucro organizou unha recolleita solidaria de alimentos que conlleva, en caso de participar, unha rebaixa do 50% no prezo da entrada.
Relacionadas:
-
Un Teucro a medio gas bástase para dobregar (33-25) a un brando Amenabar Zarautz
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Marcos Dorado pérdese o próximo partido do Teucro por unha fisura no nariz
Por Redacción |
-
Unha máis: O Teucro imponse nun final impresionante (26-30) ao Handbol Bordils
Por Redacción |