Un Teucro a medio gas bástase para dobregar (33-25) a un brando Amenabar Zarautz
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Non foi o mellor partido da tempada do Teucro, pero tampouco lle fixo falta. A medio gas os homes de Quique Domínguez impuxéronse a un frouxo Amenabar Zarautz (33-25).
Con todo o técnico pontevedrés tivo que abroncar aos seus ao descanso, ao que se chegou con empate a 13 despois de que o conxunto vasco remontase catro goles nos últimos instantes do primeiro periodo.
Antes os azuis repuxéronse dun inicio duditativo, con erros causados nalgún caso por falta de tensión e sen poder parar a David Aguirrezabalaga, o mellor dos visitantes
A situación cambiou tralo paso polos vestiarios e nun inicio de segunda parte arroiador, cun parcial de 8-1 (21-14), sentenciaron o partido.
A partir de aí nin o Teucro buscou sangue nin o Amenabar inquietou aos pontevedreses, que se limitaron a manter a renda para goce da parroquia local, pola exhibición desde os sete metros de Carlos García (oito lanzamentos sen fallo) e porque saboreaba a duodécima vitoria consecutiva da tempada, algo impensable ao comezo de curso.
Con este resultado o cadro azul mantense invicto á fronte da clasificación da División de Honra Prata con seis puntos de vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores.
SD TEUCRO (33): Amérigo, Pichel (6), Carró (2), Carlos García (10, 8p), Borja Pedreira (2), Dani Hernández, Edu Moledo (6) -siete inicial- Chapela (1), Pumar (5), Anxo Otero, Víctor Rodríguez, Iván Fernández, Iago Gómez, Carlos Pombo (1).
AMENABAR ZARAUTZ (25): Labairu, Ander Atorrasagasti, Ibon (6, 1p), Josu Atorrasagasti, Bujanda (2), Aguirregomezcorta, Ondarra -siete inicial- Balenciaga (2), David Aguirrezabalaga (11), Etxaniz, Beristain (3), Iraeta (1), Ostalaza.
Árbitros: Escoda Pérez y Sánchez Bordetas. Excluíron a Víctor Rodríguez, Borja Pedreira (2) e Carró nos locais e a Aguirregomezcorta, Aguirrezabalaga e a Ander e Josu Atorrasagasti nos visitantes.
Marcador cada cinco minutos: 0-2, 3-2, 8-4, 11-6, 13-9, 13-13, descanso, 16-13, 21-15, 25-16, 27-19, 30-23, 33-25.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra ante arredor de 650 espectadores. O Teucro organizaou coincidindo co encontro unha recollida solidaria de alimentos.