A Raña, epicentro do boxeo galego por un día
Por Diego Espiño
O boxeo olímpico está a experimentar un importante crecemento dentro da oferta deportiva de Marín.
O colexio da Laxe ofrece apuntarse a este deporte nunha escola na que teñen incrito xa 15 nenos de diferentes idades, ao que hai que sumar o "grupo de unos 20 púgiles que entrenamos en Marín".
Así recoñéceo Aarón González, un dos boxeadores locais con maior cartel e que promove, a través do Rebouras Team, a II Velada Concello de Marín, que se celebrará o próximo sábado 18 de outubro no pavillón da Raña a partir das 20:00 horas.
Aarón enfrontarase ao ruso Kiril Pokrovskiy nun dos combates da noite, pero tamén saltarán ao ring os locais Sergio Pintos, cunha eliminatoria do campionato galego ante un rival do Club Saudade Vigo, Abel Ferreira ou Alberto Fontán, entre outros.
As entradas fixáronse en 7 euros en venda anticipada e 9 euros na billeteira, e poden adquirirse en Five Sport e Vinoteca As Vides en Marín e en Contact Sport en Vigo.