Triunfo para o Arxil na súa estrea en Copa Galicia ante o Cortegada (62-57)
Por Redacción
Aínda resta unha xornada para o final da fase de grupos da Copa Galicia, pero o Club Baloncesto Arxil clasificouse para a fase final tras impoñerse nun igualado partido ao Cortegada de Vilagarcía (62-57).
As verdes, no seu primeiro partido da competición, realizaron un traballo serio cimentando o triunfo nun gran segundo cuarto, no que remontaron a lixeira vantaxe visitante no primeiro parcial.
O Arxil, con María Lago e Ana Román como máximas anotadoras, mostrou unha clara melloría na súa preparación da nova tempada.
Aínda que as pontevedresas deben enfrontarse aínda este sábado ao Universitario de Ferrol, a clasificación é un feito tras as dúas derrotas do Cortegada que lle deixan fóra da competición. O aliciente en Ferrol é saber que equipo pasará como líder de grupo.
Relacionadas:
-
O Arxil despídese da Copa Galicia en semifinais tras caer ante o Ensino (79-67)
Por Redacción |
-
Reto de altura para o Arxil en Ferrol coa fase final da Copa Galicia
Por Redacción |
-
Portomar Cortegada, importante test para o Arxil en Copa Galicia
Por Redacción |
-
Cortegada e Universitario Ferrol, rivais do Arxil na Copa Galicia
Por Redacción |