O Arxil despídese da Copa Galicia en semifinais tras caer ante o Ensino (79-67)
Por Redacción
Adeus á Copa Galicia para o Club Baloncesto Arxil. As verdes despídense da competición en semifinais despois de caer ante o Ensino de Lugo no primeiro partido da final a catro disputado en Ferrol (79-67).
O conxunto pontevedrés foi mellor nos primeiros dous cuartos, cun choque igualado que dominaron ata o descanso (31-36).
Non obstante no terceiro cuarto rompeu o partido en favor das lucenses. O Arxil baixou a súa efectividade, principalmente en defensa, e o Ensino aproveitouno para dar a volta ao marcador.
Esa tendencia continuou no último cuarto certificando a derrota verde, que non poderá pelexar o título ao anfitrión e principal favorito, o Universitario Ferrol de Liga Femenina.
No Arxil destacou a actuación de Maimouna Diarrá con 20 puntos e 14 rebotes.
ENSINO (79): Sara (7), Tamara (5), Mireia (26), Rocío (6), Marta (12), Kendra (12), Paula (7), Marina, Xiana González (4), Ana Pedrouzo.
ARXIL (67): Ana Román (11), Diarrá (20), María González (4), Ana Martín, Carla (2), Jara (2), María Lago (16), Fany, Cristina (2), Sandra (4), Fallon Lewis (6).
Parciais: 14-17, 17-19, 22-13, 26-18.