Triste empate entre Laracha e Arosa (0-0) nun partido aburrido e sen ocasións
Por Redacción
Coas portarías de adorno regulamentario pero de costas a elas, Laracha e Arosa xogaron un partido eslamiado, sen ocasións de gol, no que as defensas ataron as mans aos dianteiros e ninguén se atreveu a buscar con decisión a área contraria, optando por asegurar o empate antes que atreverse a buscar os tres puntos, a risco de cometer un erro que fose aproveitado polo rival.
Os dous porteiros foron meros espectadores dun partido táctico e aburrido. Moitas imprecisións en ambos os dous conxuntos e tanta seriedade defensiva como carencia de ambición para lanzarse ao ataque. Nin sequera cando os de Piscis quedaron en superioridade numérica, por expulsión do xogador local ÿlmer, os arlequinados se foron arriba, rexistrando tan só un par de disparos afastados, sen perigo, mentres o Laracha fiaba a súa sorte ás accións a balón parado, na que tampouco estiveron acertados.
LARACHA C.F. (0): Paco; Fandiño, Pablo Vidal, Antonio, Rober, ÿlmer, Rebolo, Dani Casal (Iván, min. 64), Brais, ÿscar Martínez (Kevin, min. 46) e Taibo (Martín, min. 80).
AROSA S.C. (0): Jorge Pérez; Juanjo, Alfonso, Juan, Martín (Yago, min. 40), Rivas, Nando, Pablo (Vixo, min. 46), Quique Cubas (Javi Pazos, min. 88), Adrián Camiño e Eloy.
Árbitro: Saúl López Parga (Lugo), auxiliado nas bandas por Gonzalo Gómez Lemos e José Luis Rego Rodríguez. Expulsou o xogador local ÿlmer por dobre amoestación (minuto 83). Amoestou a Taibo, Fandiño e Kevin, polo Laracha, e a Yago, polo Arosa.
Incidencias: Campo Municipal (A Laracha). Uns 200 espectadores.