Nin goles nin fútbol (0-0) no derbi da ría entre Arosa e Boiro
Por Manolo Reiriz
Ao igual que na chamada festa nacional adoita suceder que cando existen grandes expectativas ao asistir a un festexo que presenta un cartel excelente o festexo defrauda, a mesma ciscunstacia se dá no fútbol con moita frecuencia.
A excelente entrada de publico que se deu cita na Lomba para presenciar o derby da Ría de Arousa, cun exquisito comportamento das dúas afeccións, presaxiaba un gran partido entre dous dos "gallitos" da categoría. Pero o visto no moi ben coidado céspede do campo vilagarciano resultou moi decepcionante.
Primeira parte na que os rapaces de Gelucho deron boa mostra do seu exquisito toque, xogando con criterio pero escasa dinamita arriba. En verdade os porteiros de ambas as dúas escuadras apenas tiveron que intervir, pois mesmo na segunda parte, cando as forzas do equipo boirense fraquearon, a formulación do técnico local, Piscis, buscando o contraataque, en ningún momento logrou callar unha xogada ben trenzada con visos claros de gol.
En definitiva moito aburrimento na Lomba e empate xusto ante o escaso xogo despregado por arlequinados arosistas e os brancos de Barraña.
AROSA SC (0): Jorge Pérez; Juanjo, Juan Rodríguez, Martín, Nano (Alfonso, min. 73); Rivas, Yago Pérez (Pablo, min. 46); Nando, Adrián Camiño, Eloy; e Quique Cubas (Javi Pazos, min. 67).
CD BOIRO (0): Lorenzo; Paco, Cardeñosa, Marcos, Rafa de las Heras; Bendaña; David Añón, Carlos Padín, Pablo Pillado (Tachi, min. 72), Armental (Rubén Márquez, min. 67); e Mario Tomé (Kevin Levis, min. 54).
Árbitro: Alejandro del Río Amor (A Coruña), auxiliado nas bandas por Daniel Pérez Montouto e Javier Pichel Castro. Amoestou a Juanjo, Eloy e Juan Rodríguez, polo Arosa, e a Marcos, Bendaña, Pablo Pillado, David Añón e Tachi, polo Boiro.
Incidencias: Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía). Uns 1.100 espectadores.