Paso adiante do Céltiga, empate para o Villalonga e terceira derrota do Pontevedra B
Por Redacción
O Pontevedra B afúndese na clasificación da Rexional Preferente tras perder o seu terceiro partido noutras tantas xornadas ligueiras.
O filial granate se viu superado con claridade (3-1) na casa do Arenteiro e con cero puntos mantense como último da categoría.
Preto, décimo sétimo e sen conseguir despegar aínda, encóntrase un Villalonga que sumou o seu segundo empate do curso. Fíxoo cunha repartición de puntos sen goles en San Pedro na visita do Estradense. Os celestes seguen sen vencer por culpa do seu seca goleadora, xa que aínda non lograron marcar un tanto nos tres partidos disputados a pesar de mostrar unha positiva imaxe.
Pola súa banda o Céltiga deu un paso á fronte esta xornada coa súa primeira vitoria ligueira, no Salvador Otero da Illa ante o Erizana (3-1) para ascender a oitava praza.
Os arousanos encarrilaron pronto o encontro con tres goles na primeira media hora, obra de Roberto Pastoriza, Rubén e Calo, e lograron pechar o encontro a pesar do tanto visitante xa na segunda metade para maquillar o marcador.
O próximo fin de semana o Marcón Atlético recibirá o Villalonga e o Pontevedra B ao Pontellas, mentres o Céltiga se desprazará a Nogueira de Ramuín e o Portonovo visitará o Erizana.