Norman Rey volve ao Peixegalego seis tempadas despois
Por Redacción
Trala fichaxe de Antonio Izquierdo, procedente do Valladolid, o Marín Peixe Galego confirmou á súa segunda incorporación cara a próxima tempada, na que volverá competir na Liga Adecco Prata.
O conxunto adestrado por Javi Llorente recupera para a causa ao ala-pívot Norman Rey, que regresa ao club marinense tras seis anos no Xuventude Cambados.
Norman chega ao equipo 'peixe' para reforzar o seu xogo interior e tras promediar o pasado ano 8,3 puntos e 23 minutos por partido.
O Peixegalego avanza desta forma na composición do plantel a poucos días de que se inicie a pretemporada. Polo momento, ademais dos xogadores que proceden das categorías inferiores e que se asentarán no primeiro equipo, os de Marín renovaron a Manu Ferreiro e tamén ao xamaicano Garfield Blair.
Relacionadas:
-
O Peixegalego ficha ao aleiro Javier Medori e pensa na volta de Al Rapier
Por Diego Espiño |
-
Cedric Belemene abandona o Peixegalego e marcha a EE.UU
Por Redacción |
-
Xuven e Peixegalego avanzan na composición dos seus planteis
Por Redacción |
-
Peixegalego e Xuven xa coñecen o calendario da súa segunda aventura na Liga Adecco Plata
Por Redacción |