O Peixegalego ficha ao aleiro Javier Medori e pensa na volta de Al Rapier
Por Diego Espiño
O proxecto do Peixegalego para a Liga Adecco Plata segue collendo forma. O club marinense confirmou a fichaxe de Javier Medori.
Trátase dun aleiro procedente do CEBA Guadalajara, club no que competiu as dúas últimas tempadas na categoría de bronce do baloncesto español despois de formarse na canteira do Estudiantes madrileño.
Medori foi un habitual nas convocatorias das categorías inferiores da Selección Española, con quen logrou o Campionato de Europa U18.
Con esta incoporación ao equipo adestrado por Javier Llorente réstanlle tres fichaxes por facer. Para eles buscan un base, un aleiro que tamén poida xogar de 4 e un home interior, posto para o que se valora a posibilidade de respescar ao americano Al Rapier, sempre que se encontre recuperado dos problemas de nocello que propiciaron a súa marcha a pasada campaña.
RENUNCIA Á COPA GALICIA
Por outra parte o Peixegalego ten a intención de renunciar á súa participación na Copa Galicia, cuxo primeiro partido debería xogar en apenas dez días ante o Basquet Coruña.
O atraso na composición do equipo, unido a que xogadores como Gregorio Adón se incoporarán con atraso, obrigan a tomar esta decisión. Os marinenses arrancarán os adestramentos "a final de la próxima semana", segundo confirmou o seu presidente José Luis Santiago.
Relacionadas:
-
Ike Azotam, un ala-pívot estadounidense para reforzar o xogo interior do Peixegalego
Por Redacción |
-
O Peixegalego repesca a Al Rapier e o Xuven de Cambados incorpora a Austin Ramljak
Por Redacción |
-
Cedric Belemene abandona o Peixegalego e marcha a EE.UU
Por Redacción |
-
Norman Rey volve ao Peixegalego seis tempadas despois
Por Redacción |
-
Xuven e Peixegalego avanzan na composición dos seus planteis
Por Redacción |