O Movistar de Pedro Campos gaña por sétima vez a Copa do Rei de vela
Por Redacción
O Movistar patroneado por Pedro Campos fixo historia na Copa do Rei de Vela, que se disputou esta semana en Palma de Mallorca.
A tripulación do Real Club Náutico de Sanxenxo impúxose na categoría BMW ORC2 por diante do Varador 20000 para revalidar o seu título de campión e lograr o récrod absoluto de triunfos, con sete ao longo dos últimos anos (1993, 1995, 2002, 2006, 2009, 2013 e 2014).
Campos resumiu as impresións da súa tripulación ao asegurar que "estamos encantados, orgullosos y felices con este triunfo. Llevábamos todo el año soñando con conseguirlo".
O Movistar dominou a súa categoría dende a primeira regata, na que subiu ao alto do caixón. Dende ese momento afanáronse en conservar a súa posición de privilexio, o que lograron tras sumar oito triunfos parciais, un terceiro e un cuarto posto no total de regatas disputadas.