![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/855/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/53b2fe3f9e-14550044674_a81006ee48_o.jpg)
© María Muiña / Sailingshots
O barco da próxima Volvo Ocean Race descansa xa en Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0cf/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53b2ff3352-14364988489_95113f8072_o.jpg)
© María Muiña / Sailingshots
O Porto Deportivo Juan Carlos I é de novo a base de adestramento do equipo español da Volvo Ocean Race despois de que Team Campos e o goberno municipal de Sanxenxo resolvesen as súas diferenzas.
Ese acordo quedou visualizado este martes coa chegada ao porto da embarcación que afrontará a próxima edición da volta ao Mundo a vela.
Cos regatistas Iker Martínez e Xabi Fernández a bordo o barco arribou a Sanxenxo directamente de Southampton (Inglaterra), onde o Volvo Ocean 65 español foi ensamblado.
Iker, que recoñeceu ter padecido pequenos contratempos no camiño, habituais en barcos novos, asegurou que a partir deste momento "iniciaremos muchos retoques en el barco y haremos todas las millas que podamos hasta la salida".
Empeza agora unha conta atras ata o inicio da próxima Volvo Ocean Race o día 11 de outubro en Alicante, un período de tempo no que "vamos a tener que trabajar mucho para estar a la altura de los mejores. El resto de los equipos nos llevan muchas millas de ventaja pero vamos a intentarlo", declarou Martínez á súa chegada a Sanxenxo.
Relacionadas:
-
O retorno en publicidade do convenio de Nauta con Team Campos estímase en 1,6 millóns de euros
Por Redacción |
-
O equipo español da Volvo Ocean Race deixa a súa base de Sanxenxo rumbo á saída de Alicante
Por Redacción |
-
Décimo triunfo do Movistar de Pedro Campos, cuarto consecutivo, no Trofeo S.M. La Reina de vela
Por Redacción |
-
O equipo español da Volvo Ocean Race volverá a adestrar en Sanxenxo
Por Redacción |