Mérida, última cita da tempada de campo a través
Por Redacción
Catro atletas da Sociedad Gimnástica foron convocados pola Selección Galega para o Campionato de España de campo a través.
Mérida será escenario o domingo 16 de marzo da cita, última da tempada nesta especialidade atlética.
A pesar das ausencias de última hora de Víctor Riobó e Robertas Geralavicius, o club pontevedrés contará cunha boa representación, especialmente na carreira abosulta masculina, onde competirán Javier Paredes, Rubén Diz e Ramón Serantes.
A expedición da Gimnástica complétase con Cristina González Brea, que formará parte do equipo galego júnior.