Xoves 6 de marzo, día clave para o futuro do Teucro
Por Diego Espiño
Finalmente o Parador de Turismo de Pontevedra recibirá a reprensentantes das diferentes administracións e organismos públicos convocados pola Sociedad Deportiva Teucro coa intención de "analizar todas las alternativas posibles para que el club pueda resolver su situación actual y asegurar definitivamente la viabilidad futura".
Así cualifica a cita deste xoves (17:30 horas) a propia entidade azul, afogada polos pagamentos que debe de afrontar principalmente nos dous próximos anos correspondentes á débeda privilexiada, en especial coa Axencia Tributaria.
A pesar das dúbidas iniciais, na reunión estarán: o concelleiro de Deportes de Pontevedra, Agustín Fernández; a deputada provincial, Begoña Estévez; o xerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico; e o coordinador en Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte, Daniel Benavides.
Non asistirá por motivos de axenda o presidente da Deputación, Rafel Louzán, segundo explicou o presidente teucrista, e está por confirmar a presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Así a todo a convocatoria resultou, a priori, satisfactoria para Carlos García-Alén "aunque no vengan algunos de los primeros espadas", pois a súa presenza supón "un primer paso".
García-Alén, horas antes da renuión, móstrase convencido de que "a poco que pongan algo de voluntad se puede sacar esto adelante", e ratifica que o importante este xoves é lograr un compromiso puntual de cobramento das subvencións anuais e a apartir de aí "un apoyo unánime, sin fisuras" que se materialice en "toda la colaboración posible que nos permita conseguir apoyos privados, porque sabemos que esto lo tenemos que sacar adelante la directiva y los socios pero su apoyo es muy importante".
Relacionadas:
-
O Teucro cualifica a ausencia de Lores e Louzán no Parador como "la primera piedra para hacer desaparecer al club"
Por Diego Espiño |
-
Optimismo teucrista tras a reunión coas administracións no Parador
Por Diego Espiño |
-
A afección apoiará o Teucro diante do Parador no "partido" máis importante da súa historia
Por Ramiro Espiño |
-
O Teucro apela ao espírito do 'Pacto do Parador' para evitar a desaparición do club
Por Alejandro Espiño |
-
Chamamento desesperado do Teucro para evitar a disolución do club
Por Ramiro Espiño |
-
Facenda aperta o Teucro e complica o seu futuro inmediato
Por Diego Espiño |