Mareantes-Pontevedra Rugby Club, moito máis que un derbi
Por Diego Espiño
Pouco máis se pode pedir ao derbi lerezano de rugby entre Mareantes e Pontevedra Rugby Club deste sábado 8 de marzo (16:15 horas en Monte Porreiro).
Ademais da sa rivalidade existente, ambos os dous conxuntos xóganse moito no que é o último partido da tempada regular na Primeira Territorial Galega.
O equipo que actuará de local, o Mareantes, aspira a arrebatarlle ao Vigo B a segunda praza e contar así co factor campo ao seu favor na semifinal polo título, mentres o PRC pode certificar a súa presenza no play-off se logra sumar polo menos un punto.
Sen embargo por riba de todo está a motivación de vencer o veciño, como recoñece Félix Álvarez, presidente do Pontevedra Rugby: "estos años hemos ido acortando la distancia con ellos, y en la ida nos ganaron en los últimos minutos. Estamos convencidos de que esta vez va a ser".
No bando contrario, Pablo Irago coincide na apreciación de que "en el primer partido estuvieron muy cerca de nosotros, fueron un digno rival", polo que deberán xogar ao seu mellor nivel se queren volver impoñerse.
O partido chega unha semana máis tarde do esperado, tras aprazarse para que a liga puidese recuperar varios partidos pendentes que non se puideran disputar debido ao mal tempo.
Esta decisión beneficia a un Pontevedra Rugby Club que hai uns días contaba "ocho o nueve jugadores en Navarra" no Campionato de España sub-21, segundo recoñece o seu presidente, pero non desagrada ao Mareantes, porque tal e como expón Irago "preferimos ganarles con todos en el campo".