Volve o "partido más especial" do ano no rugby pontevedrés
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Dous anos despois, tras o seu último enfrontamento na tempada 2011-2012, Pontevedra Rugby Club e Mareantes veranse as caras en partido de liga.
Nun horario pouco habitual (domingo 12:30 horas) Monte Porreiro recupera o derbi do rugby lerezano tras o ascenso do Pontevedra RC á Primeira División Galega o pasado verán.
Os capitáns de ambos os dous conxuntos, Gonzalo Valencia 'Punti' no Mareantes e Chema Fernández no Pontevedra, repasaron con PontevedraViva a actualidade dos seus equipos horas antes do "partido del año".
Así o cualificou Punti, quen asegura ademais levar "dos semanas diciéndoselo a mis compañeros", e é que un partido como este esperta un pique entre ambos os dous bloques que coinciden en cualificar de san.
"Entrenas los mismo días y se te va la vista hacia lo que hacen, hay muchas ganas de jugar contra ellos", confesa o capitán do Mareantes, ao que Chema, o seu rival o domingo, responde: "es un partido especial. Sé que hay rivalidad sobre todo entre los veteranos".
Unha festa para un deporte que experimentou un gran crecemento na cidade, principalmente dende que conta cunhas instalacións adecuadas como as de Monte Porreiro, pero á que os conxuntos lerezanos chegan en momentos moi diferentes.
Por un lado o Mareantes experimentou un inicio de liga irregular, lonxe do obxectivo que se marcaban a principio de curso para defender o título da categoría. Conta con dous triunfos, un empate e dúas derrotas, polo que buscará gañar para chegar ao parón do Nadal de xeito máis folgado, un período no que necesitan, segundo Punti, "coger físico porque es lo que nos está fallando".
No bando contrario, o local nesta ocasión, a moral encóntrase en todo o alto tras sumar o seu primeiro triunfo en liga a pasada xornada, despois dun inicio no que as lesións pasaron factura, como recorda un Chema que ve no derbi unha boa oportunidade de escalar posicións, porque "de ganar podría auparnos hasta el tercer puesto, aunque también podemos quedarnos como estamos".
O Pontevedra Rugby Club está situado nestes momentos na sexta praza con oito puntos, a tres do Mareantes, terceiro.