Cita clave para o Arxil, que recibe no CGTD ao Pabellón Ourense
Por Redacción
As últimas derrotas encaixadas polo Arxil, na súa maioría ante os equipos que comandan a clasificación e aos que tivo que enfrontarse de xeito consecutivo, deixaron ás verdes nunha comprometida situación, metidas na zona de play-off para evitar o descenso a final de campaña a pesar da boa imaxe mostrada.
Por ese motivo o encontro deste sábado (19:30 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva) cobra especial importancia para as pontevedresas, que reciben un rival directo, o Pabellón Ourense.
Tras a etapa máis dura do calendario, o Arxil comeza agora unha serie de encontros ante equipos da súa liga, recibindo na casa, ademais de ao Pabellón, a Aros de León, Universidad de Oviedo e Cortegada e viaxando a Avilés, Vigo e Valladolid, antes de pechar a liga regular ante o Cáceres en Pontevedra.
Con este horizonte o Arxil necesita, segundo recoñece Lino Vázquez, "sumar cuanto antes la sexta victoria y engancharnos a un montón de quipos que están a dos victorias".