Triunfo reparador do Arxil ante o Pabellón Ourense (77-57)
Por Redacción
Un espectacular primeiro cuarto do Arxil (36-17) encarrilou o partido para as verdes ante o Pabellón de Ourense e facilitou unha importante vitoria pontevedresa (77-57).
As de Mayte Méndez logran así o seu sexto triunfo da tempada, que supón un auténtico balón de osíxeno tras as derrotas sufridas nas últimas xornadas.
Nesta ocasión o equipo arxilista saíu moi concentrado e mostrou un grande acerto en ataque, con 50 puntos antes do descanso.
Tras a renda lograda no primeiro período as verdes limitáronse a controlar o seu rival sen pasar excesivos apuros.
Con este resultado o Arxil ascende á oitava posición da Liga Feminina 2 cun balance de seis partidos gañados e nove perdidos.
CB ARXIL (77): María González (14), Ana Martín (14), Carla Fernández (3), María Lago (12), Minata Keita (20) -cinco inicial- Andrea Carrera, Jara Tuda (8), Fany López (3), Cristina Díaz Pache, Sandra Entenza (3), María Martínez.
PABELLÿN OURENSE (57): Claudia Aponte (20), María Álvarez (8), Florence Glen (4), Noelia Oliva (16), Nerea Nieto -cinco inicial- Olga González (3), Laura Álvarez (6), Sara García, Mar Ahijado.
Árbitros: Pazos Pazos e López Folgueiras. Eliminaron por faltas a María Lago no Arxil.
Parciais: 36-17, 14-18, 16-10, 11-12.
Incidencias: Partido disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.