Dúas xornadas clave para o Pontevedra, e as dúas en Pasarón
Por Diego Espiño
Momento clave da tempada para o Pontevedra Club de Fútbol.
O primeiro triunfo da tempada a domicilio sobre céspede artificial, quizais no escenario máis complicado posible como era Guijuelo, non puido chegar en mellor momento para os granates, que esta vez si defenderon con éxito o seu liderado situándose con 46 puntos.
Tampouco fallaron os seus rivais directos, un Ourense CF (46 puntos) que venceu na súa casa o Compostela e un Zamora (45 puntos) que superou fóra o Coruxo no tempo de desconto.
Un duelo a tres (o cuarto está xa a 11 puntos de distancia) polo ascenso directo que pode empezar a clarificarse nas dúas próximas xornadas de competición, con duelos directos en todos os implicados na pelexa.
Nese obxectivo parte cunha lixeira vantaxe nas dúas próximas datas o Pontevedra, e é que afrontará os seus dous próximos partidos fronte ao seu público no Estadio Municipal de Pasarón. Primeiro recibindo o domingo 18 (17.00 horas) o Coruxo, noveno clasificado, e unha semana despois facendo o propio contra o Zamora (domingo 25, 17.00 horas).
Dous triunfos evidentemente faríanlle manter o primeiro posto pero afastar, polo menos, a un dos seus rivais, o Zamora, senón aos dous dependendo dos resultados.
Isto débese a que o cóctel inclúe tamén o domingo 18 de febreiro un duelo entre Zamora e Ourense CF no Estadio Ruta de la Plata.
Ademais o Ourense vivirá dúas xornadas consecutivas a domicilio, xa que unha semana despois visitará o RC Deportivo Fabril en Abegondo.
Unha dobre xornada que o Pontevedra vivirá sen sancionados nin apercibidos pero pendente aínda se poderá recuperar o seu 'pichichi' Rufo.
Relacionadas:
-
Paso atrás do Pontevedra, que perde o liderado ante o Zamora (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
David Movilla, adestrador do Zamora: "Manter o ritmo do Pontevedra é complicado, pero ata o de agora estámolo conseguindo"
Por Redacción |
-
O Pontevedra tira de efectividade para remontar ante o Coruxo e seguir líder (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Especial homenaxe a Pablo Vázquez, último 'One Club Man' do Pontevedra CF
Por Redacción |
-
Yago Iglesias, sobre o partido ante o Coruxo: "Queremos que se vexa a mellor versión do Pontevedra"
Por Almu Dapena |
-
Charly López: "Son dous partidos clave, se gañamos os dous pegariamos un bo salto"
Por Diego Espiño |
-
Rufo recibe a alta médica "tras o resultado satisfactorio de todas as probas realizadas"
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, sobre o triunfo en Guijuelo: "É a imaxe perfecta do que son os cambios e do nivel do plantel"
Por Almu Dapena |
-
Toño Calvo e Charly danlle os tres puntos ao Pontevedra en Guijuelo (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Recomendan "repouso deportivo" a Rufo tras sentir indisposto nos minutos finais do Pontevedra-Cayón
Por Diego Espiño |
-
Promoción nas entradas para os dous próximos partidos do Pontevedra na casa
Por Redacción |