Récord do Mundo na segunda xornada do Nacional Máster de Natación en Ponte Muíños
Por Diego Espiño
O Campionato de España Máster de Inverno de Natación está a deixar momentos para o recordo no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños.
Ademais de poder gozar do afán de superación de deportistas como Paco Domínguez, nacido en 1927 e nadador máis veterano da competición, o torneo nacional máster organizado polo Club Natación Galaico pode presumir xa de ver un récord do Mundo.
Conseguiuno na xornada do venres Ute Hasse, nadadora do Master Jerez, converténdose na gran protagonista na piscina pontevedresa. Hasse bateu a plusmarca mundial da 50 braza para maiores de 60 anos, cun tempo de 36.79 segundos superando o récord que ostentaba desde 2018 a australiana Jenny Whiteley.
Ademais en Ponte Muíños batéronse na segunda xornada do Campionato de España Máster outros seis récords nacionais. Foron os conseguidos por Rosa Segarra (50, 100 e 200 bolboreta +75), Ramona Guillén (100 bolboreta +65) e as remudas de 4x50 libres do CN Master Madrid +280 e Real Canoe NC +240.
Relacionadas:
-
Un Campionato de España Máster de récord
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A borrasca Karlotta dificulta a chegada de deportistas ao Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño |
-
Alberto Castro: "Queremos que Ponte Muíños se converta nunha sede nacional, estamos a negocialo"
Por Diego Espiño |
-
Cheo absoluto en Rías do Sur no comezo do Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Todo preparado en Ponte Muíños para o Nacional Máster de Natación: "Este tipo de eventos interesan polo que moven"
Por Diego Espiño |
-
O Nacional Master de Natación de Inverno, unha competición coa que Rías do Sur pecha o círculo
Por Diego Espiño |