Todo preparado en Ponte Muíños para o Nacional Máster de Natación: "Este tipo de eventos interesan polo que moven"
Por Diego Espiño
O Campionato de España Máster de Inverno de Natación será un dos focos de atención deportiva do que resta de semana en Pontevedra, cunha competición que se celebrará entre o xoves 8 e o vindeiro domingo 11 de febreiro no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños.
Un campoionato que atraerá á cidade a 1.330 deportistas de 161 clubs de todo o territorio nacional e que foi presentado este mércores oficialmente no Concello de Pontevedra.
"Este tipo de eventos interesan polo que moven, polo importante que son non só para fomentar o deporte. Moven unha serie de sinerxias económicas que son moi positivas para a cidade",, afirmou a concelleira de Deportes, Anabel Gulías, sobre unha competición de deporte afeccionado que é a sexta vez que se celebra na Boa Vila.
"Cando investimos na organización destes campionatos estamos investindo en poñer a Pontevedra no mapa. A xente que se achega a competir queda con bo recordo da cidade, sabe onde está Pontevedra e estamos notando que cada vez máis xente vennos a visitar porque estivo aquí en probas deportivas", xustificou a edil.
Na presentación Gulías estivo acompañada polos presidentedes da Fundación Rías do Sur, a Federación Galega de Natación e do Club Natación Galaico. Entre eles o presidente da natación galega, Juan Carlos Brión, destacou o labor do club organizador, o Galaico, adiantando que moitos dos participantes "xa están pola piscina facendo os seus quecementos".
Relacionadas:
-
Un Campionato de España Máster de récord
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Récord do Mundo na segunda xornada do Nacional Máster de Natación en Ponte Muíños
Por Diego Espiño |
-
A borrasca Karlotta dificulta a chegada de deportistas ao Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño |
-
Alberto Castro: "Queremos que Ponte Muíños se converta nunha sede nacional, estamos a negocialo"
Por Diego Espiño |
-
Cheo absoluto en Rías do Sur no comezo do Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Nacional Master de Natación de Inverno, unha competición coa que Rías do Sur pecha o círculo
Por Diego Espiño |