Movementos no filial nos últimos días do mercado de fichaxes: Pedro Espiña, cedido ao Céltiga
Por Diego Espiño
Recta final da xanela de fichaxes, e co primeiro equipo do Pontevedra definido e sen esperar grandes movementos salvo que xurda unha oportunidade de mercado en idade sub-23, é o filial granate o que centra todas as miradas.
O segundo equipo pontevedrés, inmerso na loita por salvar a categoría, anunciou este luns a cesión ao Céltiga de Pedro Espiña ata final de tempada.
O centrocampista, de 20 anos e que no que vai de curso en Terceira RFEF suma 316 minutos pero só dúas titularidades, baixa un chanzo para tentar axudar o conxunto arousán no seu obxectivo de ascender, e é que o Céltiga é agora mesmo terceiro no Grupo Sur de Preferente a 4 puntos de distancia do Portonovo.
A saída de Espiña é a segunda que se produce no Pontevedra B este mes de xaneiro, tras a baixa de Gonzalo Álvarez, ao que se suma a fichaxe do dianteiro Fran López.
Unha cesión que deixa a porta aberta a algún reforzo máis antes de que peche oficialmente o prazo.
Cabe lembrar neste aspecto que na Terceira RFEF non se pode falar de mercado invernal, posto que o período habilitado para a inscrición de futbolistas é continuo desde verán ata a data límite do 1 de febreiro.
Relacionadas:
-
Derrota ante o Rápido de Bouzas dun Pontevedra B que acumula tres xornadas sen puntuar (0-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Ao Pontevedra escápaselle a guinda no mercado invernal: "Queriamos outro xogador pero non puido ser"
Por Diego Espiño |
-
Cambios obrigados en defensa para recibir o Cayón
Por Diego Espiño |
-
O Arteixo sentencia o Pontevedra B no primeiro tempo (0-2)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O dianteiro Fran López, reforzo para o filial granate
Por Diego Espiño |
-
Guèye empeza a desequilibrar na Terceira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Dous goles en dous minutos para volver sumar de tres
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra B empata en Alondras e xa van dúas xornadas seguidas puntuando
Por Redacción |