O dianteiro Fran López, reforzo para o filial granate
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Fichaxe no Pontevedra Club de Fútbol, aínda que, en principio, destinado para o filial de Terceira RFEF.
O club granate fíxose cos servizos de Fran López, dianteiro coruñés de 21 anos (cumprirá 22 esta mesma semana) que apenas gozou de oportunidades na primeira metade de curso na SD Compotela, club no que se atopaba cedido polo RC Celta.
O atacante chega agora ao Pontevedra tras poñer primeiro fin á súa cesión en Santiago e desvincularse despois do propio Celta, asinando na Boa Vila ata final de tempada.
Segundo confirmou a entidade granate Fran López contará con ficha do filial, aínda que adestrará asiduamente co primeiro plantel.
Co Compostela, este curso, só chegou a disputar 25 minutos de liga repartidos en dous encontros (xornadas 7 e 9)
Conxuntamente con esta chegada o Pontevedra informou tamén dunha saída no seu segundo equipo, a de Gonzalo Álvarez, ao chegar a un acordo para a rescisión do seu contrato.