O Memorial Luaces do Cisne supoñerá o regreso cinco anos despois da Selección Galega Absoluta
Por Redacción
Cinco anos despois a Selección Galega Absoluta de balonmán volverá á cancha. Farao no Memorial Luaces organizado polo Club Cisne Balonmán.
O encontro, entre o propio Cisne e o combinado autonómico, celebrarase o vindeiro venres 22 de decembro no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, a partir das 20.15 horas.
A Selección, confirma a Federación Galega de Balonmán, estará comandada desde o banco por Víctor García 'Pillo' e Sergio Carballeira, acompañados por Manolo Campelo como delegado.
"Somos conscientes de que as datas son complicadas para contar coa maioría dos nosos internacionais, algúns deles estarán no pavillón pero sen poder participar no encontro", explica o presidente da Federación, Bruno López, avanzando que "esta convocatoria supón un primeiro paso para estandarizar un torneo anual onde podamos gozar do combinado galego. Ver de novo a xogadores como Álex Chan, Andrés Vila, Aarón Díaz, José Leiras ou Daniel Virulegio, entre outros, vestir a camisola galega é un orgullo para nós".
A última vez que iso sucedeu foi en 2018, polo que a cita supoñerá todo un aliciente para o tradicional torneo de preparación invernal do Cisne, e que contará con entrada de balde para o público.
"É unha boa oportunidade para ver unha selección con mezcla de rapaces novos e xente máis veterana, que sen dúbida co Cisne darán un bo espectáculo", afirma a su vez el seleccionador, Pillo.
O choque estará precidido ás 18.15 horas por un amigable da Selección Galega Xuvenil contra o Artai Poio.
Relacionadas:
-
Festa do balonmán galego no Municipal co Memorial Manuel Luaces
Por Redacción |
-
Unha recollida de peluches e xoguetes completará o Memorial Manuel Luaces do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Sólido triunfo do Cisne ante Antequera para despedir o ano (27-22)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Derrota en Alacante dun Cisne que perdoou en exceso (31-28)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne acaba coa resistencia do Handbol Mallorca na segunda metade (30-23)
Por Redacción |