Sólido triunfo do Cisne ante Antequera para despedir o ano (27-22)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Club Cisne Balonmán marcha de vacacións polo Nadal cos deberes feitos e a quinta praza da clasificación no seu poder.
O equipo pontevedrés disputou ante o Antequera un dos seus mellores encontros da tempada para pechar ao grande un ano 2023 que estivo repleto de dúbidas e imprecisións e que conclúen "xustos de enerxía" pero sumando dous importantísimos puntos.
En canto ao encontro, a primeira vantaxe caeu a favor do Antequera cunha parcial inicial de 1-3, pero con calma e evitando cometer os erros que lle condenaron a pasada xornada logrou o Cisne devolver a igualdade aos nove minutos de xogo (3-3).
Entrou o envite nos instantes de igualdade, pero Abián Rodríguez fíxose grande baixo paus e os brancos puxéronse con tres goles por diante (8-5). Parou o tempo o técnico visitante, pero as sensacións dos xogadores pontevedreses estaban a ser boas e iso víase reflectido tanto no xogo como no resultado, que pasou a mostrar un 10-5 grazas aos goles de Manuel Lorenzo e Marko Ojeda.
Quedaban 10 minutos de primeiro tempo, o Antequera logrou reducir a tres goles a distancia, pero un gol de Javiva a poucos segundos do fin do primeiro tempo permitiu ao seu equipo irse cun cómodo resultado de 14-10.
Apertou o marcador o equipo visitante despois do paso polos vestiarios (15-13), o colexiado enviou dous minutos ao banco a Nacho Moya, e Mateo Arias, con dous goles seguidos, retomou a renda de catro tantos (17-13).
O encontro continuou con dominio total dos pontevedreses, que incrementaron aínda máis a renda para chegar cunha cómoda renda de oito goles aos últimos minutos, nos que o colexiado sentou a Arboleya no banco e o Antequera maquillou o marcador para asinar un 27-22 final.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
Empate con sabor a derrota para un Cisne que desaproveitou a súa vantaxe (28-28)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Cisne-Novás: un derbi "complicadísimo" para comezar a segunda volta
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
O Guadalajara corta as ás a un Cisne durmido (33-25)
Por Almu Dapena |
-
Carlos Ocaña, K.O. para o resto da tempada
Por Diego Espiño |
-
Rubén Etayo recibe a alta e alivia unha aínda ocupada enfermería do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Festa do balonmán galego no Municipal co Memorial Manuel Luaces
Por Redacción |
-
Unha recollida de peluches e xoguetes completará o Memorial Manuel Luaces do Cisne
Por Diego Espiño |
-
O Memorial Luaces do Cisne supoñerá o regreso cinco anos despois da Selección Galega Absoluta
Por Redacción |
-
Un Cisne que chega "xusto de enerxías" ao último partido de 2023
Por Diego Espiño |
-
Derrota en Alacante dun Cisne que perdoou en exceso (31-28)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne acaba coa resistencia do Handbol Mallorca na segunda metade (30-23)
Por Redacción |
-
O Cisne ve cortada a súa progresión en Eivissa nun apertado partido (31-30)
Por Redacción |