O Teucro dobrega o Calvo Xiria (40-26)
Por Redacción & Cristina Saiz
A Sociedad Deportiva Teucro vai de vacacións polo Nadal cos deberes feitos tras noquear a un Calvo Xiria que non tivo opcións.
O conxunto pontevedrés abriu brecha desde o principio, dominando en todas as facetas e gozando do bo xogo e da choiva de goles coa que resolvía o encontro na primeira parte á vez que deleitaba á súa afección no Pavillón Municipal.
E é que un parcial inicial de 6-2 obrigou ao técnico do Calvo Xiria a parar o tempo aos sete minutos de xogo, pero lonxe de dar resultado foi o Teucro o que continuou facendo das súas para ampliar a súa renda e chegar ao ecuador do primeiro tempo cunha cómoda renda de 11-4.
A liña de ataque teucrista estaba a ser imparable e o equipo visitante, a pesar dos cambios de formulación, non logrou dar co parche co que frear a hemorraxia e evitar o resultado de 19-10 co que se alcanzou o descanso.
Tras o paso polos vestiarios o instinto depredador dos xogadores de Irene Vilaboa continuou e o marcador seguiu incrementándose ao seu favor con Caue (9 goles) e Xurxo Rivas (8 goles) especialmente inspirados para sentenciar cun contundente 40-26.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Teucro aférrase á vitoria ante o Ribeiro (26-23)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Irene Vilaboa continuará por quinta tempada consecutiva á fronte do Teucro
Por Oskar Viéitez |
-
Primeira vitoria do ano do Teucro (33-29)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Martes de balonmán con derbi no III Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A última xornada do ano, solidaria en Pasarón e o Pavillón Municipal
Por Redacción |
-
Triunfo solvente do Teucro na cancha do Luceros (29-36)
Por Redacción |
-
Xurxo Rivas comanda unha sanadora vitoria do Teucro contra o BM Cañiza (39-28)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Teucro dilapida seis goles de renda na pista do Gáldar e acaba perdendo sobre a bucina (29-28)
Por Redacción |