O Poio Pescamar queda sen tempo para culminar a remontada (3-4)
Por Redacción & Cristina Saiz
Segunda derrota consecutiva do Poio Pescamar, que tras caer en Melilla a pasada xornada, volveu quedar a cero na visita do Alcantarilla ao Pavillón da Seca.
E iso que foron as locais as que golpearon primeiro. Lara Balseiro realizou unha boa xogada individual, enviou un pase da morte a Rocío Gómez e esta subiu o 1-0 ao luminoso.
Buscou enseguida a reacción o cadro visitante, que comezou a asediar a portería dunha Sandra Buzón que evitaba o empate. Tentouno primeiro Riscos, despois Bet e en última instancia Miriam.
A López-Tulla non lle gustaba o que vía na cancha e parou o tempo cando se alcanzou o ecuador do primeiro tempo, pero lonxe de producir efecto, foi o Alcantarilla o que devolveu as táboas ao marcador. Corría o minuto 13 de xogo e Bet, tras rexeite de Sandra Buzón, enviou o esférico á rede.
Apoiadas pola súa afección, as xogadoras vermellas tentaron voltear o luminoso antes de alcanzar o descanso e despois do paso polos vestiarios, pero a zaga visitante e a guardamenta encargáronse de frear a ofensiva rival.
Foi con todo o Alcantarilla o que devolveu o golpe. Primeiro Melli fixo o 1-2 no minuto 27 e catro minutos despois, Miriam roubou o esférico ao seu par e subiu o 1-3 ao luminoso.
Optou o técnico local polo xogo de cinco con Laura Uña como porteira xogadora, pero despois dunha acción na que a punto estivo o Poio Pescamar de recortar distancias, Riscos anotou o 1-4 a portería baleira desde o seu propio campo.
Recortou distancias Laura Uña pouco despois tras pase de Ale de Paz e, a falta de dous minutos para a conclusión, Elena Aragón marcou o 3-4 que facía soñar ás locais cunha posible remontada.
Con todo, o equipo murciano soubo xogar mellor as súas cartas, parou o tempo a falta dun minuto para a conclusión e apertou en tarefas defensivas para facerse finalmente co triunfo por 3-4.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
Vacacións de Nadal como punto de inflexión para cambiar o rumbo en liga
Por Redacción |
-
Repartición de puntos nun vibrante derbi entre Poio Pescamar e FSF Castro (2-2)
Por Redacción |
-
'Manita' do Poio Pescamar ao Marín Futsal no Derbi da Ría
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Un Derbi da Ría con dous equipos necesitados de puntuar
Por Redacción |
-
Anna Escribano, á altura da balón de ouro Aitana Bonmatí ou de Pep Guardiola
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar queda seco en Melilla (3-0)
Por Redacción |
-
Empate épico entre Poio Pescamar e Futsi Navalcanero (5-5)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Traballada vitoria do Poio Pescamar ante o pechacancelas Leganés (1-5)
Por Redacción |