A influencia do jazz na música e a pintura protagoniza unha nova exposición na galería Musart
Por Redacción
A galería de arte Musart de Pontevedra inaugurará o vindeiro mércores, 6 de setembro, unha nova exposición, 'Jazz', con obras do artista e estudante de Belas Artes Mateo Maño Capurro.
A exposición supón unha nova lectura sobre o que o xénero musical do jazz influíu e segue influíndo en artistas contemporáneos, tanto na música como na pintura.
Desde Musart lembran que artistas como Matisse ou Stuart Davis utilizaron o propio nome do xénero para poñer en contexto as súas obras no século XX, unificando desta maneira o espírito norteamericano coas tendencias da vangardas europeas.
O obxectivo principal da exposición é a procura mediante a abstracción daquilo que o música jazz evoca no oínte e no propio artista.
Así, abordan a improvisación no xénero musical fronte á improvisación pictórica, a preparación técnica do músico fronte á do artista, onde entran o xogo os coñecementos e a paixón do creador.