Tom Glendenning presenta as súas últimas obras na galería Musart
Por Redacción
Os seus últimos traballos permanecerán expostos ata o xoves 31 de agosto na galería Musart, situada na Rúa Ferreiros de Pontevedra, que ofrece arte abstracta .
O horario de visitas é de luns a xoves, de 11.30 a 13.30 e de 19.00 a 21.00, salvo os martes que a apertura da sala realízase ás 10.30 horas.
O artista presenta traballos con contrastes potentes de cor e tamén de texturas. Presenta propostas visuais aéreas e paisaxísticas baixo un estilo abstracto no que se intúe a decadencia urbana.