O Museo e a Fundación Castelao abrirán vías de colaboración
Por Redacción
No marco dos diferentes encontros con colectivos da provincia que está a manter como novo responsable de Memoria Democrática na Deputación de Pontevedra, o vicepresidente Rafa Domínguez mantivo unha reunión no Pazo Provincial con representantes da Fundación Castelao.
Trátase da primeira vez que esta entidade é recibida na institución provincial e no transcurso da sesión, Domínguez e os responsables da Fundación abordaron a posibilidade de establecer futuras liñas de colaboración e traballo conxunto.
Nestas accións prevese que o Museo de Pontevedra poida ter un papel relevante.
O encontro tivo lugar este martes e Rafa Domínguez sinalou que para el foi un "privilexio" e asegurou estar "seguro" de esta Fundación e o Museo "van abrir novas vías de colaboración para reforzar esta figura de Castelao" do que dixo "non se entende Pontevedra sen Castealo nin Castelao sen Pontevedra".