Javier Krahe volve a Pontevedra para presentar na Sala Karma "Las diez de últimas", o seu novo disco
Por Redacción
Sala Karma recibirá a próxima semana a Javier Krahe, un dos cantautores que cambiou a música española trala ditadura franquista. Ofrecerá un concerto moi esperado, xa que o anterior, previsto para hai uns meses, tivo que ser aprazado. A súa música soará o vindeiro sábado 23 de novembro, a partir das 22.30 horas. A súa actuación en Pontevedra enmárcase nunha xira galega que recalará tamén na Coruña e Vigo.
Javier Krahe chega a Pontevedra tras finalizar recientemente a grabación da súa decimocuarto disco, Las diez de últimas. Este traballo discográfico sairá á venda este luns 18 de novembro, polo que os seus seguidores pontevedreses serán case os primeiros en oír en directo as súas novas cancións. En todo caso, o cantautor repasará tamén os grandes éxitos dos seus máis de 30 anos sobre os escenarios.
Símbolo da liberdade de expresión, músico de culto e trovador incansable, Javier Krahe (Madrid, 1944) empeza a escribir as súas primeiras cancións en 1967. George Brassens e Leonard Cohen foron os autores que máis marcaron a súa cultura musical. Anos despois actúa en "La Aurora" xunto a Sánchez Ferlosio, onde coñece a Joaquín Sabina. Krahe foi, xunto a Sabina e Alberto Pérez, un dos artistas que renovaron a canción de autor tralo franquismo.
Desde a publicación, en 1981, do celebérrimo álbum La mandrágora, xunto a Sabina e Pérez, Krahe non deixou de actuar en salas, teatros e cafés e as letras das súas cancións seguen sendo reivindicadas por diferentes xeracións. Na actualidade continúa gravando discos (este que edita agora é o decimocuarto) e facendo directos nos que comparte cos seus seguidores a súa mirada divertida, aceda e crítica con muchísimo éxito.
En efecto, Javier Krahe segue sendo un autor de referencia tanto para artistas como para os incondicionais da canción de autor, destacando sempre por conseguir unha sorte de calidade difícilmente igualable baseada no humor, a crítica e a profundidade nas súas letras, que chegaron a ser ata obxecto de estudo de filólogos como o insigne Miguel Tomás-Valiente.
As entradas para este concerto, que teñen un prezo de 10 euros (13 na billeteira), pódense adquirir en Rei Zentolo Pontevedra, Pequeño Karma e www.ticketea.com.